Arteixo: A solidariedade da CNT en marcha!

asi como solidários e solidárias coa causa do noso compañeiro Brais, despedido do ensino logo dun longo proceso, acusado e sancionado por 4 “presuntas” faltas graves a un total de 25 dias de suspensión de emprego e soldo e portanto ao despido pola sua condición de interino-sustituto.

Despedido, non só dese instituto senon de todos os institutos da Galiza, pois foi borrado das listas, de tal xeito que non pode voltar traballar, no entanto non se celebre xuízo, que está fixado para o 9 de Febreiro de 2010.

O “delito” do compañeiro de ensino Brais non é outro que ter reclamado no IES ”Manuel Murguia“ de Arteixo –A Coruña, que&nbsp as aulas de Matemática se deran en galego como corresponde por lei, decreto, 124/2007 ademais de ter-se enfrentado a un sistema autoritário, que permitia entrar aos polícias “de paisano” no centro para cachear aos rapaces e raparigas dentro do recinto escolar, feito que o noso compañeiro denunciou no seu blog privado, sendo investigado pola guarda civil por indicación da directora do instituto, asi como todos os alunos que mostraron a solidariedade co noso compañeiro.

Temos que salientar que non é Arteixo unha vila dada a manifestacións de nengún tipo e a de CNT debeu ser das primeiras. Durante o percorrido a xente ficaba abraiada por nunca ter visto semellante manifestación “en directo” e recebemos diversas mostras de solidariedade, que nos emocionaron.

A manifestación percorreu as ruas de Arteixo rapartindo-se centos de panfletos onde se explicaba a postura da CNT, desde o Instituto “Manuel Murguia” de onde partiu a denúncia que provocou a sanción de Brais até a casa do Concello onde finalizou con unhas palabras do compañeiro Alberte de Ensino, este explicou a dificultade dos tempos que corren para a nosa clase e para o noso idioma, o autoritarismo dos centros de ensino, o deterioro do ensino público a favor do ensino privado, o orzamento mermado na ensinanza pública, a frustración e desinterese do alunado e portanto o elevado fracaso escolar(24%), o grande poder concedido às equipas directivas e é nese contexto onde se dá o proceso a Brais, compañeiro cenetista e portanto partidário de un ensino libertário, algo que o sistema non pode consentir.

Durante o percorrido berraron-se diversas consignas encontra da represión no ensino, en solidariedade com Brais , contra da relixión na escola, a prol do galego e por un ensino libertário, laico, cientifico e racional.

NOTICIAS ANTICAPITALISTAS