Alerta en Compostela: Denuncian clausura de quirófanos y unidades en el complejo hospitalario por la llegada del verano
CIG-Saúde de Compostela denuncia la pretensión del SERGAS de cerrar unidades y camas en el Complejo Hospitalario Universitario de Santiago durante los meses de julio, agosto y setiembre. Unos cierres que afectarían, en el Hospital Provincial a cinco unidades, además del bloque de Quirófanos/Despertar; en el Clínico a dos y en el Gil Casares a otras dos.
A CIG-Saúde de Compostela denuncia a pretensión do SERGAS de pechar unidades e camas no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago durante os meses de xullo, agosto e setembro. Uns peches que afectarían, no Hospital Provincial a cinco unidades, ademais do bloque de Quirófanos/Despertar; no Clínico a dúas e no Gil Casares a outras dúas.
Na primeira semana de maio a CIG-Saúde de Compostela solicitaba os datos sobre as previsións de peches de camas e unidades, durante o verán, no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Uns datos que a esta altura non foron facilitados aínda de forma oficial.
Porén a CIG-Saúde, que denuncia o «total escurantismo» da Xerencia, adianta os peches dos que tivo coñecemento malia non ter sido confirmados de forma oficial:
Hospital Provincial.
Bloque de Quirófanos/Despertar: do 15 de Xullo ao 15 de Setembro
Unidade de Trauma Andar 0: do 15 de Xullo ao 15 de Setembro
Unidade de Cirurxía Andar 1: do 15 de Xullo ao 15 de Setembro
Unidade de Unidade Pluripatolóxica para pacientes de Idade Avanzada (UPIA): Andar 2: do 1de Xullo ao 15 de
Setembro
Unidade de Neumoloxía Andar 3: do 1 de Xuño ao 30 de Setembro ( en principio )
Unidade de Coidados Críticos Andar -1: Bloqueo de 5 camas
Hospital Clínico:
Unidade de Cirurxía Dixestiva: 20 camas pechadas do 15 Xullo ao 16 Setembro
Unidade de Lactantes do 15 ao 16 de Setembro
Hospital Gil Casares:
Unidade de Medicina Interna peche de 42 camas sen data prevista de apertura
Unidade de Media Estancia peche de 9 camas sen data de apertura
Diante destas previsións denuncia o «desmantelamento da sanidade pública nesta comarca no período estival e o peche de asistencias sanitarias» so pretexto dun «suposto aforro» que considera que «non se sustenta».
Entende que «non se pode pechar un bloque cirúrxico durante 2 meses no verán» e moito menos «cos millóns de euros que custou renovalo hai uns anos no Hospital Provincial de Conxo».
Ante isto chama a atención sobre o feito de que, durante todo o ano, se adiantan as cirurxías a base de facer «prolongacións de xornada para que así cadren os supostos datos que tan alegremente ofrecen de ocupación de quirófanos e listas de espera».
Afirma que «non se pode deixar sen asistencia sanitaria aos usuarios da área cando existen listas de espera e doentes pendentes de ingreso nos pasillos de urxencias» e alerta de que esta preocupante situación «agrávase aínda máis pola falta de contratación, a decisión de non substituír baixas, o que provoca que se pechen axendas e, polo tanto, que non se dean citas, cando menos en urxencias».
Xunto a isto denuncia o malestar que esta situación está a provocar nas e nos profesionais que traballan na Área Sanitaria de Compostela porque «a día de hoxe non saben as quendas de traballo que terán para poder conciliar a súa laboral coa familiar» e, sobre todo, a enorme preocupación que isto está a provocar na cidadanía, que ve como día a día se deteriora a sanidade pública galega.
http://www.diarioliberdade.org/galiza/sa%C3%BAde/56118-cig-sa%C3%BAde-de-compostela-denuncia-clausura-de-quir%C3%B3fanos-e-unidades-no-chus-no-verao.html