#AlcoaNonSePecha! [Vídeo-Reportaxe] – Que sabes do conflito de Alcoa?

Publicidad

 

👁️Visualiza e comparte esta vídeo-reportaxe elaborada pola CIG que condensa as principais reivindicacións de cara a evitar o peche, así como a problemática da industria electrointensiva na Galiza.

🗓️LEMBRA este luns 22 de xuño ás 20h,

📢manifestación desde o hospital de Burela: Futuro para a Mariña https://i.gal/alcoa22x

📌Salvar a planta de aluminio que Alcoa quere pechar fraudulentamente en San Cibrao é posíbel, pero esixe que presionemos con toda a nosa enerxía os gobernos da Xunta e do Estado para que apliquen sen demora as seguintes medidas:

🏛️Nacionalización: a intervención pública é necesaria para salvar os postos de traballo. É preciso, urxente, e legal.

🔓Derrogación da reforma laboral: imposibilitar os ERE unilaterais das empresas restablecendo a autorización da administración.

🔌Solución aos prezos da enerxía: estatuto electrointensivo que garanta prezos estábeis, predecíbeis e competitivos

💡 Tarifa Eléctrica Galega: como compensación ao alto prezo social e ambiental que Galiza paga como excedentaria en produción eléctrica.

🏜️🏭Contra a desertificación industrial de Galiza! 🔋Por unha transición enerxética xusta!

 

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados.

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More