En adelanto a la crítica

Publicidad

Ya después de que casi hayan pasado dos meses de haber publicado, aquí, en Kaos, el último artículo de Hermógenes (https://kaosenlared.net/dias-letras-galegas/), también  me extrañaba yo por su tardanza en dar señales de vida. Pero resulta que vuelve hoy para pedirme que le disculpe, tras anunciarme el motivo: No volverá a escribir, por lo menos por encargo, para mí, porque se siente ridículo –dice– o muy insignificante, si asume la deferencia que implica el sentir galego frente a todas las distancias, donde el aprecio de los otros hacia uno tan solo se realiza para las causas ajenas. Y es que, al parecer, Hermógenes, y según le he conocido, siente los males ajenos tanto como si fueran los propios (los suyos, naturalmente). Los míos los siento yo.

Sin embargo, que no quede por decir: ¡Lo cómodo qué es mandar! Lo que siento de verdad es quedarme sin mi negro.

Mas no por esto nuestro Hermógenes cejó en desvelar su promesa de aportar la solución –la suya, en particular– a la visión  problemática del Galego, suscitada por el mismo con motivo de su artículo anterior. Tal y como él nos la quiso transmitir, queda reflejada aquí.

O RETROVISOR

Xullo – 2017

En adianto a unha crítica segura.

Non, amigo, non. Non é que agora volva trocando, nos meus adentros, o internacionalismo do castelán polo sentimentalismo de ningún galego, polo feito de que explique  a miña teima de que o Galego se perda. Realmente, a min non me doen prendas, se é que trato, como un máis, de evitar esa traxedia, utilizando o ridículo recurso de acudir aquí, a Kaos, por se alguén me escoitase e, tendo o poder adecuado, iniciase o movemento acertado para lograr evitar a extinción da “vosa” lingua, logrando que chegue a ser a de todos os españois.

E que ti verás, amigo… Conta Xan que cando aprendeu a ler, entón só había o PALAU, Método Fotosilábico. Xa daquela (van alá 66 anos de iniciación na lectura) o castelán tamén era  idioma do “Imperio” ou, máis ben, dos achegados a el, se o miramos dende aquí, dende hoxe en día.

«Do mestre que coñecín non podo negar que fose un pedagogo adiantado nos seus tempos. Era de ver o ben que nos aplicaba no Método de Sanabria.  Todos á unha, segundo o sinal que el daba, amosabámoslle (cada un o de cadanseu) os lombos, ás catro patas, e a súa voz de “¡Carneiriños¡”, todos balabamos “¡meee…!”. Non sei se hoxe sería efectivo o método que nos dou, pero sei do resultado

Isto ven a que… Polo que se ve, parece que non pasaron os anos. Aínda onte contemplamos unha cousa semellante na televisión galega. Na catedral de Santiago, con motivo do tal Día de Galicia, que se oficia cada xullo nestas datas, os bispos e demais frades (ó fronte deles Feijoo, o Presidente da Xunta dos galegos ben mandados) todos eles, conformando un ben nutrido rabaño, de laicos e de devotos paisanos, dobrábanse de espiñazos en sinal de profunda submisión cara o Patrón das Españas. Desta maneira, escasa neste dicir, pero radiante na mostra, mediando nela os voceiros da T.V.G., para que o evento soara en cada casa galega, transcorreu aquela festa. Toda ela en castelán. Enxebre como ningunha.

Pois xa ves, amigo meu: (sen recorrer ós do BNG, porque estes xa son pasado), sen PODEMOS, ou con el, non hai nada que facer. E pola Lingua tampouco. Ben o podes comprender, se remexes no presente sen que che amole o pasado. Os galegos de hoxe en día, como moito, soamente están para gaitas. Non escoitan os sinais cos que os seus mestres lles mandaban, porque cren que son máis listos e que están máis preparados. Sen embargo, diso nada. Non souberon no seu día, que eles chaman 15M, como dar volta a tortilla, e a fritura queimouse. E aínda que agora boten a culpa ós seus pais, tachándoos de traidores, coa súa boca pequena, ben se ve como andan eles: empurrando pola nuria, en procura de que non acaben cansas as forzas do Capital.

E ben sei que este non era o tema do que prometín falar, pero a todo se lle atopa o seu  aquel e lugar, se un llos quere atopar. Tamén as linguas de España tiveron o seu momento para expandilas arreo o mesmo que o castelán. Só habería que impoñelas por deber e por dereito como linguas oficiais a tódolos españois e, por suposto, sen menoscabar  ningunha. ¿Quen podían oporse ó cambio tras a morte do Caudillo, se xa xacía enterrado? ¿Ou acaso a resurrección debida das catro linguas, a un tempo, como idiomas oficiais de tódolos españois, por un igual, no Ensino e polas rúas, –por entón, en pleno rexurdimento de entusiasmo popular en interese da política– xa implicaba daquela a defunción inmediata da apertura democrática das españas? Pois aquí está Cataluña reclamando, pola súa conta e risco, o seu dereito a súa marcha instantánea, levando a súa lingua consigo. ¿Como é que chegaría ata hoxe? Vese, ás claras, que moi pouco parentesco ten que haber entre as linguas que se falen e as febres de independencia. Pois por isto digo eu que nunca será moi tarde se un se propón marchar polo camiño acertado, que, en tanto a marcha dure, poderei seguir pensando no que se debe facer: Debe retomarse o choio por onde quedou fai anos. E, en canto a PODEMOS, digo: se queren colaborar,  que poñan en marcha o apaño.

HERMÓGENES

 

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados.

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More