A Xunta reduce nun 60% as inspeccións fiscais en pleno aumento da fraude en Galiza

Publicidad

A actividade inspectora da Axencia Tributaria de Galiza reduciuse nun 62% e os seus medios humanos minguaron un 30 por cento. A fraude fiscal atinxe no noso país os 14.000 millóns de euros anuais, segundo unha asociación de técnicos de Facenda..

Estase a dar unha drástica redución das inspeccións fiscais e da recadación por fraude das grandes fortunas por parte da Xunta ao tempo que hai un aumento destas prácticas irregulares por mor da crise. Esta é a denuncia feita polo voceiro socialista no Parlamento, Méndez Romeu, nunha interpelación na que denuncia “o desleixo do goberno galego fronte unha fraude fiscal que representa o 25 por cento da economía galega, 14.000 millóns anuais”. Unha cifra que ten a súa orixe nun estudo feito por Gestha, organización dos técnicos do Ministerio de Facenda

O voceiro bota man de datos ofrecidos pola Axencia Tributaria Estatal que revelan a redución da actividade inspectora da Axencia Tributaria de Galiza nun 62 por cento, “as actas nun 61 por cento e a cota tributaria no 33 por cento”. Tamén baixaron as actas por inspector e os expedientes sancionadores nun 45 por cento e o importe das sancións nun 81 por cento.

Recursos: apenas unha terceira parte da media estatal

O Ministerio advirte ademais que os medios humanos da axencia galega baixaron un 30 por cento, e que cando Galiza ten tan só unha terceira parte da media estatal, e mesmo Asturias dedica á loita contra a fraude o dobre de recursos que o noso país.

O PSdeG explica que o importe da labor inspectora ou de control por parte da Axencia Tributaria galega ascendeu no 2014 a 15 millóns de euros, “o 15 % unicamente do total dado a coñecer; o resto – 35 millóns de euros, o 85 % do total – foi consecuencia das actuacións propias da administración en temas como o da información, asistencia ou recadación, que non poden ser equiparadas á inspección tributaria”. Polo tanto, os datos reais da inspección, son moito menores, afirman @s socialistas, “e menos espectaculares dos que tenta transmitir a Xunta”.

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/economia/xunta-reduce-nun-60-inspeccions-fiscais-pleno-aumento-da-fraude-galiza/20150417123511036630.html

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados.

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More