A CIG convoca greve no metal o 20 e 21 de maio no Sul da Galiza

Publicidad

…así como para denunciar o ‘incumprimento sistemático’ en materia de contratación.

A folga, á que están chamados uns 25.000 traballadores de empresas do sector metalúrxico afectadas polo convenio provincial -quedan excluídas xa que logo as que contan con convenio propio- ten o obxectivo de "chegar a uns acordos que satisfagan as demandas dos traballadores".

As negociación colectiva está actualmente rota, debido á postura inamovíbel das partes. Os sindicatos -que racharon a unidade de acción- defenden un ano de vixencia do convenio e incrementos salariais, mentres que a patronal, segundo recorda a CIG, propón "un convenio a dous anos co incremento do IPC".

No canto á oferta patronal, "o primeiro ano o 1,4 por cento, e o segundo ano o máximo que aseguran é que non haberá perda de salario, o que pode traducirse nun cero por cento de incremento", advertiu o sindicato nacionalista.

Chamamento á unidade

Por outra banda, a central recordou que a unidade sindical se rompeu por mor das mobilizacións dos últimos días sobre a contratación e avogou por retomar a acción conxunta, para evitar darlle unha "importante vantaxe" á patronal. "O convenio está paralizado sen negociación e co desafío dos empresarios dicíndonos que cando aceptemos a súa proposta chamemos", afirmou, á vez que lle advertiu á patronal que "vai fracasar" no seu intento.

A CIG explicou que, a maiores da negociación do convenio, nos últimos días os traballadores do sector naval realizaron diferentes mobilizacións para esixir a regulación da contratación no ámbito dos estaleiros, denunciando que as subcontratas traen persoal estranxeiro ao que "explotan", pagando "salarios máis baixos e provocando a exclusión doutros traballadores de aquí por resultar máis caros".

Así, afirmou que o primeiro paro realizouse en Barreiras o 5 de maio como resultado do "acordo dos delegados de todos os sindicatos" e que o mércores 13 os delegados de Vulcano convocaron todas as centrais para pronunciarse sobre o asunto, aínda que "só compareceu o representante da CIG".

Froito desa asemblea celebrouse un novo paro nesa xornada, que a CIG apoiou, mentres que CC OO decidiu, ese mesmo día, "romper a unidade sindical en defensa do convenio" -este sindicato acusou a CIG de "deslealdade" por convocar unha mobilización de xeito unilateral-.

Con todo, a CIG considera que, segundo os feitos expostos, a acusación de Comisións Obreiras "desautoriza a iniciativa dos delegados dos estaleiros e insinúa unha manipulación que queda desmentida".

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados.

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More