8 M: nin un paso atras, as mulleres non podemos perder dereitos!

8 M: nin un paso atras, as mulleres non podemos perder dereitos!

A Coordenadora Comarcal da Marcha Mundial das Mulleres da Coruña, convoca actos neste sábado 8 de Marzo, DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES, aos que convida a participar a toda a cidadanía baixo o lema NIN UN PASO ATRAS, AS MULLERES NON PODEMOS PERDER DEREITOS!

Ás doce do mediodía, concentrarémonos no Paseo de Alexandre Bóveda (zona xardín de Catro Camiños) para, desde alí, dirixirnos ao Edificio dos novos Xulgados (Rua Monforte) para facer entrega das autoinculpacións en solidariedade coas mulleres enxuiciadas por aborto en Madrid, e para pedir unha nova lei do aborto.

Mais información en www.feminismo.info ou no telefono 649372511

Coordenadora Comarcal da Marcha Mundial das Mulleres na Coruña

NOTICIAS ANTICAPITALISTAS