8 de Março: posicionamento da Corrente Vermelha

Este 8 de Marzo, Día Internacional da Muller traballadora, chega no medio do anuncio por parte do Goberno de medidas “contra a crise económica” como alargar a idade de xubilación até os 67 anos, reducir o gasto público e a reforma laboral, aínda que ten moitas imprecisións, supón un enorme recorte das condicións laborais en xeral e moi en particular para as mulleres.&nbsp

Quen anuncia estas medidas é un Goberno que se encheu a boca falando dos “dereitos da muller”, de “leis de igualdade”, de “medidas que fomentaban o emprego feminino para as mulleres entre 45 e 64 anos”. Presentábannos a un “Zapatero feminista” mentres adoptan medidas que non va á raíz dos problemas. a base material sobre a que se asenta a discriminación que padecemos as mulleres. Por iso, a terrible crise económica na que nos meteron deixa ao descuberto a superficialidade do seu discurso e arremete contra millóns de mulleres que estamos a cargar coa peor parte da súa crise.

Si en época de vacas gordas nosa vida laboral transcorría entre o paro e os postos de traballo máis precarios, con menores salarios (até un 30% menos que os homes), con contratos a tempo parcial ou despedimentos en caso de embarazo, non é difícil imaxinar o futuro que nos deparan, polo que nos sobran as razóns para dicir:

NON á redución do gasto público

Porque a decisión de reducir o gasto público en 50.000 millóns ten gravísimas consecuencias en todos os terreos para millóns de mulleres traballadoras. Unha das máis inmediatas é a redución do emprego público. Pero ademais repercute sobre a xa de por si escasa e tardía axuda estipulada na Lei de Dependencia; supón recortes no investimento en garderías, residencias e comedores públicos, o que fai máis difícil a incorporación das mulleres a un posto de traballo, condenándonos ao paro, aos contratos a tempo parcial e a precariedade; a redución do gasto público abre aínda máis o camiño á privatización da educación e a sanidade pública, cargando sobre as costas de miles de mulleres a atención de enfermos e dos nosos maiores.

Que non nos veñan con contos! sí de verdade queren aforrar xa saben como: reduzan os gastos militares, os dos cargos públicos, dos banqueiros ou da Casa Real e eliminar os da Igrexa. Ou é que para estes si hai diñeiro?

NON á xubilación aos 67 anos

Porque é inxusta cos maiores e pecha unha porta mais a paradas/os

Si preto de dous millóns de mulleres estamos no paro; si a porcentaxe de desemprego entre as xóvenes é superior ao 40%, si resulta unha quimera atopar emprego unha vez cumpridos os 50 anos ¿Qué sentido ten prolongar a idade de xubilación? Debería ser ao revés, reducir a idade de xubilación aos 60 anos porque é un máis que merecido descanso para as que levan toda unha vida traballando, e porque é a forma de que eses postos de traballo póidanos ocupar traballadoras desempregadas e mozas que se incorporan á vida laboral.

O contrato a tempo parcial, a desigualdade salarial, as entradas e saídas no mercado laboral, pasando longos períodos no paro, fan que a maioría das mulleres cobremos até un 30,8% menos que os homes á hora de xubilarnos, esta é a crúa realidade.

En lugar de incrementar as miserables pensións de viuvez que cobran miles de mulleres (a gran maioría inferiores a 800 euros), que lles permita vivir cun mínimo de dignidade, pretenden recortalas condicionándoas ao número de anos de matrimonio ou o número de fillos.

NON á reforma laboral que abarata o despedimento, baixa os salarios e condena miles de mulleres á precariedade.

No medio do descontento xeral ante o anuncio da reforma das pensións, e buscando a complicidade dos chamados “axentes sociais”, o Goberno Zapatero presenta as súas propostas para unha nova reforma laboral. Entre as medidas “estrela” deste novo ataque ás condicións das traballadoras/es en xeral, está o impulso aos contratos a tempo parcial, e diso desgraciadamente as mulleres sabemos un intre, xa que catro de cada cinco contratos a tempo parcial é ocupado por unha muller. Pretenden facernos crer que a mellor forma de conciliar a vida laboral e familiar é vivir con salarios de 400 ou 500 euros.

E ademais, pretenden que a xornada quede a libre disposición da patronal para “adaptala ás variacións do proceso produtivo”. Que lles pregunten ás traballadoras do Corte Inglés as “vantaxes” que teñen para os seus salarios e a súa vida familiar as xornadas flexibles que lles acaban de impor! Necesitan precarizar aínda máis as condicións de traballo, e as mulleres somos as primeiras en sufrir as súas consecuencias.

Iso si, séguese sen mencionar sequera ás 700.000 mulleres (a gran maioría inmigrantes) que se calcula que traballan como empregadas do fogar, e que en pleno século XXI, e a cambio dunha media de 8 € a hora de traballo, seguen sen dereito ao paro, a baixa por enfermidade, a vacacións, non saben o que é un contrato e non poden pensar en xubilarse e cobrar unha pensión contributiva,&nbsp condenadas á economía mergullada facilmente mantidas na clandestinidade por ser un sector situado dentro do ámbito da privacidade familiar, con condicións laborais parecidas ao réxime esclavista supostamente abolido.

Este 8 de marzo ten que ser unha xornada de loita, e participación masiva das mulleres traballadoras nas mobilizacións, e dende as mesma dicir NON ao plan do Goberno e a patronal, e reclamar das organizacións sindicais a convocatoria dunha folga xeral que bote a baixo a reforma laboral e das pensións.

NOTICIAS ANTICAPITALISTAS