421.315 personas identificadas en Galiza en 2015 por la policía y la Guardia Civil según cifras del Ministerio del Interior
Anuario estadístico publicado por el Ministerio del Interior sitúa en 208.675 personas las identificaciones practicadas por el Corpo Nacional de Policía y la Guarda Civil en el marco de la Ley Orgánica 4/2015 para la Protección de la Seguridad Ciudadana después de un año de su entrada en vigor. La cifra aumenta hasta 421.315 se sumamos las identificaciónes llevadas a cabo también por la Ley Orgánica 1/1992.
Interior cifra en 442 as sancións por «desobediencia ou resistencia á autoridade» e en 597 as persoas sancionadas por «faltas de respecto e consideración» ás FSE.
No concreto, refírese a aquelas reguladas no artigo 16 «en cumprimento das súas funcións de indagación e prevención delitiva para a sanción de infraccións penais e administrativas» polo que se autoriza «os axentes das Forzas e Corpos de Seguridade» a «requerir a identificación das persoas» cando «existan indicios de que puideron participar na comisión dunha infracción» ou «en atención ás circunstancias concorrentes» consideren «razoabelmente necesario» requerir a documentación «para previr a comisión dun delito».
Trátase de dados acumulados entre xaneiro de 2015 e decembro dese mesmo ano.
Aliás, o Anuario recolle as sancións adoptadas polas faltas tipificadas como graves (artigo 36) na coñecida como Lei mordaza. As máis habituais foron por «desobediencia ou resistencia á autoridade» (36.6) dos axentes da FSE.
En total 442 persoas. Doutra banda, 43 foron sancionadas por «perturbación da seguridade cidadá en actos públicos, espectáculos deportivos ou culturais, solemnidades e oficios relixiosos ou outras reunións ás que asistan numerosas persoas» e 76 por «causar desordes nas vías, espazos ou estabelecementos públicos».
Como faltas leves (artigo 37) por «falta de respecto e consideración» aos axentes da Policía e/ou da Garda Civil, foron sancionadas entre xaneiro e decembro de 2015, 597 persoas (artigo 37.4). Outras 55 por (37.12) por negárense a entregar a documentación de identidade cando lles foi requerido para a súa retirada ou retención.
A Lei mordaza entrou en vigor en marzo de 2015 entre fortes críticas da oposición e mobilizacións populares que denunciaban o recorte de dereitos que supón, embora o Goberno español retirase finalmente os aspectos máis polémicos do anteproxecto presentado inicialmente.