27-28 de Xuño de 1931: Proclamación da República Galega

Nos últimos dias de Xuño de 1931, o povo galego viveu xornadas de intensa mobilización e loita revolucionaria a prol dos seus dereitos e dignidade nacional. A indignación contra os contínuos aldraxes que recebia a nosa nación e a conseguinte rebelión das nosas clases populares contra os gobernantes españois, encarnados nas institucións burguesas da II República levou mesmo a reivindicar e proclamar por un breve periodo de tempo a República Galega o dia 27 de Xuño de 1931, fai agora 78 anos.&nbsp
O PCPG, alén de render tributo aos nosos devanceiros, que se ergueron tan orgullosamente naqueles dias memorabeis, queremos iniciar con esta nova un traballo de recompilación dunha serie de documentos que, malia a súa indiscutíbel importancia histórica, son inéditos ou pouco coñecidos entre o noso povo.&nbsp
NOTICIAS ANTICAPITALISTAS