[26 de setembro] Concentración en Ferrol contra os recortes do capital e por unha folga xeral europea.



A CNT, o Colectivo marxista-leninista FORXA!, a Asemblea do 15M-Ferrol, o PCPE e traballadoras e traballadores a título individual, entendendo a necesidade de convocatoria dunha folga xeral inminente que sexa quen de poñerlle freo aos recortes do capital e en apoio ás folgas que por este motivo están convocadas en Euskalherria e Grecia este vindeiro día 26 de setembro de 2012, facemos un chamado ao conxunto de traballadoras e traballadores desta comarca, así como ao seu tecido social, a sumarse a esta convocatoria e participar nunha concentración o mesmo día 26 ás 20 horas diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galiza en Ferrol.


Contra os recortes do capital!
Por unha folga xeral europea!!

NOTICIAS ANTICAPITALISTAS