21 personas afectadas en Galiza en un año record en denuncias por torturas del Reino de España

Por Diario Liberdade

La Coordinadora para la Prevención y Denuncia de la Tortura (CPDT) presentó su informe anual, “La tortura en el Estado español en 2014”, el pasado 4 de diciembre en Sevilla. Según sus datos, en 2014 el número de torturas y malos tratos alcanzó en el Reino de España un nuevo récord al denunciarse 961 casos frente a los 527 documentados por la propia CDPT en el año 2013. . En Galiza, el número de personas afectadas elévase a 21, que sufrieron torturas o malos tratos en 12 situaciones.

As 961 persoas afectadas, foron vítimas de tortura ou malos tratos en casos en 194 situacións, entre estas destacan as producidas na denominada fronteira sur, en Ceuta e Melilla.

Carlos Hernández e Andrés García, portavoces da coordinadora, que agrupa a 47 asociacións de todo o estado, entre elas EsCULcA, explicaron que, ademais, producíronse cincuenta mortes de persoas que estaban sob custodia policial ou en prisións.

As 961 torturas ou malos tratos, respecto do que aseguraron que existe “tolerancia” na sociedade, producíronse en persoas que estaban en comisarías, cuarteis, prisións ou noutros centros de privación de liberdade ou no decurso de intervencións policiais durante manifestacións.

Neste sentido, os portavoces lembraron que o ano 2014 producíronse numerosas mobilizacións sociais en protesta (Gamonal ou o despexo de Can Vies, por exemplo) e que nestas mobiizacións produciuse o maior número das denuncias que recolle a coordinadora.

Por comunidades, é Cataluña, con 277, onde se rexistrou o maior número de denuncias, seguida de Andalucía, con 221 casos, e Madrid, con 144 denuncias. Na Galiza, o número de persoas afectadas elévase a 21, que sofreron torturas ou malos tratos en 12 situacións.

Segundo as circunstancias das persoas agredidas, 450 foron obxecto de malos tratos en mobilizacións sociais; 355 son inmigrantes; 64 persoas presas e 14 menores; houbo unha detención incomunicada -situación que supón un descenso por cuarto ano consecutivo- e 83 persoas sofreron algún tipo de maltrato ou tortura noutras situacións.

No que ao número de inmigrantes vítimas de malos tratos e tortura se refere, o relatorio subliña que se triplicou o número de persoas que sofren agresións en relación ao ano 2013, como as ocorridas nos valos de Ceuta e Melilla xunto ás “deportacións masivas” en avións.
Dos casos denunciados, a maioría afectan o Corpo Nacional de Policía, con 315, debido a que son os encarregados de intervir nas mobilizacións sociais; as policías autonómicas, con 272 casos, dos cales 260 son dos Mossos d’Esquadra; seguidos da Garda Civil, con 271 casos; 457 en prisións; 44 dos policías locais; dous en centros de menores e unha no Exército.

No relatorio deste ano dedícase un apartado á fronteira sur, co “crime de Estado” que, segundo os portavoces da Coordinadora, produciuse o 6 de febreiro na fronteira do Tarajal, con catorce inmigrantes mortos e un desaparecido.

En relación a este feito, os representantes da CDPT afirmaron que se a Audiencia de Cádiz arquiva finalmente o caso denunciarano a toda a comunidade internacional.

Sobre os casos denunciados que foron condenados polos tribunais de xustiza, os portavoces lamentaron non dispor dos datos, que deberían facer públicos os responsabeis do Estado, e lembraron que en 2012 foron denunciados 279 funcionarios por malos tratos ou tortura.

EsCULcA

http://www.diarioliberdade.org/artigos-em-destaque/409-repressom-e-direitos-humanos/59269-21-pessoas-afetadas-na-galiza-em-ano-recorde-em-denuncias-por-torturas-e-maus-tratos-do-reino-da-espanha.html

-->
COLABORA CON KAOS