10 de Marzo; Dia da Clase Obreira Galega
Cando o sistema capitalista atopase diante da crise mais importante dende 1929.
Cando os capitalistas e seus lacaios soñan con cargar sobre as costas dos traballadores os efectos da mesma é cando mais importante é que a clase obreira nos diversos paises e nacions asuman o papel de vangarda no combate contra o sistema de explotación imperialista que leva a humanidade a destrucción.
Nunca coma agora, tense producido comida e productos para todos, e nunca coma agora as diferencias fanse mais evidentes. Nos paises do terceiro mundo a fame e as enfermedades diezman a povoación mentras a caridade das onGas presentase coma a unica solución. Mentras nos Estados imperialistas as condicions dos traballadores e traballadoras fanse mais precarias e millons atopanse desempregados.
A rebelion xustificase ! 
Temos que erger un poderoso movemento de masas para botar a baixo as medidas fameadoras da burguesia e crear novas formas de Poder dun novo Poder Obreiro e Popular.
Dende o Movemento pola Base facemos un enerxico chamado a traballar por unha ampla unidade das forzas populares para acadar acordos en torno a un programa de loita popular contra a burguesia e que no noso pais pasa polo irrenunciabel dereito a autodeterminación e plena soberania para o noso povo.
Movemento pola Base chama aos traballadores e traballadoras a participar nas convocatorias da CIG nas diversas cidades galegas e que na Coruña tera lugar 12 da mañan no Canton pequeno diante o BBVA para logo marchar ata a Delegación do Goberno na praza de Ourense.
A Coruña 10 de Marzo do 2009