1º de Maio: viva o socialismo!

Publicidad

… e a especulación financeira.

Burláronse das análises da esquerda real, dos marxistas que fomos acusados de anacrónicos cando falabamos da nacionalización da banca. Hoxe amosouse todo o contrario.
&nbsp
A esquerda tiña e ten razón. As alarmas que avisaron da caída da burbulla financeira foron silenciadas. Someteron o pensamento ao seu imperio e á súa concepción globalizadora da sociedade. Agora pagamos as consecuencias.
&nbsp
Neste Día da Clase Obreira debemos esixir un troco de sistema, un troco nas instancias políticas e nas súas relacións co pobo, un troco que permita dotar ao pobo galego dunha participación política máis activa, máis democrática e máis social.
&nbsp
O primeiro toque: a Folga Xeral. Debemos acumular as forzas, organizar aos traballadores e traballadoras para chantar as nosas reivindicacións económicas, laborais e sociais. Debemos advertir á banca e ao empresariado que as súas continuas demandas de recortes sociais, de conxelación salarial, de abaratamento do despedimento son auténticas aldraxes. Eles, os culpábeis da crise, deben ser quen agora escoiten o que o pobo traballador ten que dicir e podémosllo dicir cunha Folga Xeral.
&nbsp
Para a FPG a construción dun Estado Galego ao servizo dos intereses populares é unha obriga moral, ética e humana. Vimos dende hai moitos anos loitando polo socialismo, nos períodos máis duros e nos máis proclives ás nosas ideas. Non recuamos e velaquí as nosas medidas urxentes para a saída da crise:&nbsp
  1. Nacionalización da banca. Creación dunha Banca Nacional Pública.
  2. Creación do Instituto de Crédito Galego.
  3. Recoñecemento da capacidade fiscal. Creación da Axencia Tributaria propia.
  4. Eximir o IVE nos bens de consumo básico e aumentalos nos bens considerados de luxo.
  5. Creación do Instituto de Desenvolvemento de Galiza para fomentar actividades produtivas en sectores estratéxicos da economía galega coa participación cando menos dun 51% de capital público.
&nbsp A alternativa ao capitalismo está clara: socialismo. Non o dubidamos nunca e aquí estamos para expresalo. Avancemos na autoorganización popular, no movemento social e preparemos as condicións para unha Folga Xeral. A resposta social non admite demoras.
&nbsp
Viva o 1º de Maio!
Viva o internacionalismo proletario!
Viva Galiza ceibe e socialista!
&nbsp &nbsp
Frente Popular Galega

1º de Maio de 2009&nbsp

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados.

This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish. Accept Read More