Sobre la obsesión de Pablo Iglesias, de Podemos, y toda su compañía
He aquí otro artículo de Hermógenes. Por mi parte, sólo intervine en el titular de arriba con la intención de anunciaros previamente la calidad específica del tema, así como en daros cuenta del resumen del asunto que se trata en su versión castellana. Y nada más, como en el del pasado abril, tampoco me pararé en hacer su traducción, porque después de pensarlo llegué a la conclusión de que si alguien hubiese que no entendiese el mensaje, al cien por cien del contenido del texto, si es que tuviese interés, se procurará el medio para poder verlo claro. Por quien no tenga ese interés, o ni siquiera inquietud por este tema, no pasaré más trabajo. El galego también es un idioma oficial, como también muy cercano al castellano y, por ende, susceptible de ser usado en España en medida similar.
HERMINIO.
O RETROVISOR
(Maio-2017)
A obsesión de Pabliño.
Non, Pabliño, a corrupción non “é un virus que afecta as institucións”, senón unha consecuencia. En realidade, os virus son as mesmas institucións que anteriormente –actuantes noutro tempo– conseguiran invadir cada currucho das entidades socias. Naturalmente, como as bacterias, en canto os virus se estendan ós órganos principais das estruturas sociais, lograrán manifestarse coa a maior claridade, en directa proporción a súa propia actividade e tempo de actuación, ata que logren facerse co absoluto control –asumindo esta función– de toda actividade vital de calquera sociedade.
Doutro xeito, todo ten explicación, se se lle quere buscar. Mais primeiro hai que buscala, moito antes de actuar. Pois, Pabliño, isto é que nos tempos que corremos, malamente poderá curar un mal –se é que disto trataras– quen ignora totalmente o carácter e o proceso que o desencadeou dende a orixe ata aca. Isto, pois, che explicarei:
Como en todo, o entendemento claro debe partir da raíz de ata onde aquel lle alcance a cada quen. O meu chega ás consecuencias que se deron a partir da década que seguiu a do ano 1939, deste século pasado, ano no que dou en impoñerse en España a causa máis decisiva e imperiosa da corrupción xenuína, que a min me tocou mamar. Non obstante, inda que dura e cruel, aquela soamente se alimentara a base da imposición de todos os “mandamáis”. Como foi que quedou focalizada, con extensións moi concretas, pero precarias, ata ficar en finar o virus que a logrou durante 40 anos.
Logo veu a Transición, que de pouco, ou case nada, lle valera a sociedade, porque aquel virus non soamente lograra reproducirse, a través da actuación nos órganos principais, senón que foi “in crescendo” a súas anchas durante outros 20 anos máis, chegando a reafirmarse en forma de capital. Tanto así foi, que no ano 96 non houbo pega ningunha para que o virus seguira cumprindo coa súa función, xa de xeito descarado. E a cousa foi a peor. No valeran sucedáneos do saber medicinal que deran en combatelo ata dalo eliminado de forma definitiva. Pois resultou que a ninguén lle importara que dito virus seguise vivo e medrando, chupando a forza vital do total da sociedade, senón que inda conseguiu volver a reproducirse, non fai moito, outra vez máis, asentando a súa función dende a cabeza ata so pés, pola súa conta e risco e estendendo, en consecuencia, os seu efectos nocivos sobre o tecido social. Sen diagnóstico certeiro, de nada vale, Pabliño, confundir ó persoal tomando efectos por causa, se é que queres librar, realmente, ó teu pobo dese mal. Nin Rajoy, nin o PP nin o PSOE son a raíz da cuestión. O mal é o capitalismo, rexentado por un rei, e asentado ó longo deste proceso que acabo de describir.
Non hai engano que vala. Se queres curar ó enfermo, Pabliño, deberás de comezar primeiramente por entender, por ti mesmo, cal é a orixe do mal e, de seguida, por declararlle a verdade ó teu paciente sobre a súa realidade. Para librar ó pobo español do mal, nin meigas nin curandeiros ó uso conseguirán nin palialo, como non hai, mesmamente, ningunha moción posible que dé en botar ó mal da sede parlamentaria, porque non é (nunca foi en parte algunha) acertada solución.
Para librar ó enfermo de tan longa enfermidade, hai que votar man, Pabliño, da radical cirurxía; sexa esta revolucionaria ou non ou ben sexa comunista, que isto ben pouco importa, se o fin é sobrevir.
HERMÓGENES.