Manifestación antitaurina en Pontevedra. Abolición YA!
Manifestación Antitouradas en Pontevedra: Abolición Xa!
Pontevedra, 12.08.2017 – Un ano máis centos de persoas reclamaron unhas festas da Peregrina libres de tortura animal, a abolición das touradas a través dunha lei galega contra o maltrato animal que poña fin a este sádico espectáculo, e, mentres isto non sexa unha realidade, que o concello da cidade poña fin ao convenio anual que mantén coa empresa propietaria da praza de touros.